Se o teu concello ten a necesidade de crear ou desenvolver un proxecto para convertelo nun “destino turístico”, nós deseñamos a estratexia e executamos as accións, dende a creación de marca, contornos web e impresos, material audiovisual, comunicación e promoción, pero sobre todo o traballo cos empresarios do sector tanto a nivel de incentivación e creación de produto como de formación.
Neste eido destacamos os proxectos Vimianzo, do mar á terra, Muxía, camiñando cara o mar e Ribadeo, catedral do mar.
Tanto empresas como institucións, antes de dar un paso en serio no mundo das TIC ou no mundo do Turismo, precisan contar cun plan de acción. Dende Abertal podemos axudarche no ámbito do Turismo e no ámbito das Novas Tecnoloxías, froito da experiencia acumulada durante estes anos.
A través da colaboración con outras entidades e institucións, desenvolvementos proxectos medioambientais integramente, encargándonos dende o seu deseño e planificación ata a súa posta en marcha.
Exemplos destas iniciativas son os proxectos de Carballo Limpo para o Concello de Carballo e o proxecto de Aspaber para o Concello de Laracha.