Dende Abertal somos conscientes da importancia da formación en novas tecnoloxías e a súa aplicación tanto na estratexia como no día a día dos negocios. Por esta razón, a formación constitúe un alicerce fundamental dentro dos nosos servizos.
Co obxectivo de achegar os coñecementos básicos sobre as implicacións de internet e, especialmente, as redes sociais sobre o mundo empresarial, as sesións formativas de Impac-Tic ofrece aos empresarios as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos de comunicación e melloren a súa promoción e comercialización a través de internet. Preténdese dar solucións ao que actualmente máis preocupa aos propietarios de negocios: ¿como vender en internet? ¿estouno facendo ben?
Ofrecemos servizos de formación in-company para calquera empresa que desexe proporcionar aos seus empregados coñecementos sobre estratexia dixital, xestión de redes sociais, ferramentas de márketing online, etc.
Ademais, en aqueles proxectos que requiran unha implantación estratéxica sobre o conxunto da empresa, ofrecemos un seguimento e titorización continuado sobre as accións levadas a cabo enmarcadas na estratexia establecida.