Produtos

  • Impac-Tic

    As sesións formativas de Impac-Tic ofrece aos empresarios as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos de comunicación e melloren a súa promoción e comercialización a través de internet. Preténdese dar solucións ao que actualmente máis preocupa aos propietarios de negocios: ¿como vender en internet? ¿estouno facendo ben?


    http://turis-tic.es/

  • PlenumTV

    Sistema que permite aos concellos retransmitir os seus plenos en directo mediante streaming a través da rede. [máis información]

  • Punto de información autónomo

    Se o que precisas é contar cun punto de información que non precise persoal e no que o visitante non estea a intemperie, nós introducimos un punto de información audiovisual, cun deseño moderno e autónomo instalado nun contedor de barco.
    Reciclar un contedor ten a vantaxe de que a súa movilidade e traslado é moi sinxelo, tan só se precisa contar cunha toma de electricidade ou incluso montar un sistema de enerxía solar. [máis información]

  • ABERBOM

    ABERBOM é unha ferramenta que permite xestionar de forma deslocalizada tanto os contidos da web do Consorcio Contra Incendios de A Coruña coma os partes de intervención dos diferentes parques de bombeiros pertencentes ao consorcio.

  • Sistema de xestión de puntos limpos

    Ferramenta que permite o control e xestión de puntos limpos de xeito informatizado, a través dunha interface áxil e sinxela. [Máis información]

  • ABERTOOL

    ABERTOOL é un xestor de contidos de estrutura modular e libre de licencias de uso, co cal o cliente ao que se lle instale pode dispor libremente del e do seu código, tendo completa independencia de uso. Ademais, permite a creación de comunidades virtuais e sistemas multiweb.

  • ANAVGEST

    ANAVGEST é unha ferramenta realizada para a Asociación Nacional de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil que inclúe un sistema de xestión así como unha páxina web propia e actualizable para cada agrupación.

  • Empresas da costa

    Empresasdacosta.com é o punto de encontro de empresarios e clientes da Costa da Morte en internet. O obxectivo desta iniciativa é dinamizar o tecido empresarial da zona a través das novas tecnoloxías e dun directorio de pequenas e medianas empresas que sexa referencia na busca de servizos online.


    http://www.empresasdacosta.com

  • Sistema de FAQ 2.0

    Esta ferramenta combina a funcionalidade xeral dun apartado xenérico de preguntas frecuentes, no que se xeran preguntas e respostas sobre un tema en particular, coa interactividade e participación do usuario na plataforma.

Compartir: