A “Asociación DROSERA para Estudo e Conservación do Medio Natural” naceu no ano 2004, coa teima de traballar desde unha perspectiva integradora na conservación do medio natural galego. As liñas mestras da actividade da Asociación son a investigación aplicada, a conservación participativa e a divulgación.
Morcegos de Galicia é unha iniciativa desta Asociación que aglutina todas as iniciativas de investigación, conservación, divulgación e sensibilización sobre os morcegos.
O portal web inclúe gran cantidade de información sobre investigación, conservación e divulgación, así como recursos de formación e unha pequena tenda online.