Nova páxina web da empresa Nordesía Producións. Dende un principio, o desenvolvemento da web plantexouse realizar algo “diferente”, cun deseño moi limpo e con personalidade.
A nova web está estruturada, atendendo á actividade actual da empresa, segundo os diferentes proxectos da empresa, cunha ampla variedade de contido multimedia e información e historial de anteriores edicións de cada un dos proxectos e eventos producidos pola compañía.