A web turística do Concello de Ribadeo foi plantexada co obxectivo de amosar a grande riqueza natural, paisaxística e cultural de Ribadeo, co propósito de converterse no sitio de referencia para todos aqueles que estean a pensar en visitar a vila.
Para isto, dende o plantexamento inicial se prestou especial atención ao uso da web en móbiles e tablets, coidando a fácil navegación e usabilidade neste tipo de dispostivos.
Ademais dunha ampla información sobre aqueles lugares únicos e todo tipo de actividades das que se poden desfrutar en Ribadeo, na web pódese atopar un completo directorio da oferta de aloxamentos e restaurantes de xeito xeolocalizado.