A web turística da Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol desenvolviuse prestando especial atención ao seu uso en móbiles e tablets, coidando a fácil navegación e usabilidade neste tipo de dispostivos.
Dende a análise inicial do proxecto tívose como obxecto central amosar a gran oferta de lecer, cultural e gastronómica de Ferrol, co propósito de converter este portal web no sitio de referencia para todos aqueles que estean pensando en visitar a cidade.