Solucións para institucións

Trala experiencia acumulada traballando con diversas institucións, dispoñemos de solucións deseñadas especificamente para resolver moitas das preocupacións comúns de concellos e institucións:

PlenumTV

Sistema que permite aos concellos retransmitir os seus plenos en directo mediante streaming a través da rede.

Portal cidadán

O portal cidadán é fundamental en calquera concello ou organismo para facilitar a comunicación da institución cos seus veciños en ambas direccións e fomentar a transparencia na xestión e toma de decisións.
Algúns exemplos de proxectos de este tipo son os realizados para os concellos de Santiago de CompostelaLarachaCamariñasLaxeCariñoFeneMelideFisterraOrtigueiraTeo ou Ponteceso.

Portal turístico

Un portal turístico é esencial para a promoción dun destino ou territorio turístico na rede, proporcionando información útil e completa para os visitantes.
Exemplos de portais turísticos que realizamos: Lugo TerraTurismo Coruña ou Turismo Carballo.

Creación de destino turístico

Se o teu concello ten a necesidade de crear ou desenvolver un proxecto para convertelo nun “destino turístico”, nós deseñamos a estratexia e executamos as accións, dende a creación de marca, contornos web e impresos, material audiovisual, comunicación e promoción, pero sobre todo o traballo cos empresarios do sector tanto a nivel de incentivación e creación de produto como de formación.
Neste eido destacamos os proxectos Vimianzo, do mar á terraMuxía, camiñando cara o mar e Ribadeo, catedral do mar.

Sistema de FAQ 2.0

Se o que queres é converterte en líder sectorial na internet, Abertal facilítache esta ferramenta na que transmitir coñecemento dos teus “expertos” por medio dun sistema de preguntas e respostas.

Sistema de avisos

Para axilizar a comunicación dos cidadáns co concello e conseguir implicar aos veciños na mellora da prestación de servizos, este sistema posibilita que toda aquela persoa que precise facer chegar ao concello algún aviso, queixa ou suxestión poida facelo de forma sinxela e directa, tan só con enviar, a través dun formulario, a súa mensaxe á área concreta á que corresponda.

Sistema de xestión de puntos limpos

Ferramenta que permite o control e xestión de puntos limpos de xeito informatizado, a través dunha interface áxil e sinxela.

Punto de información autónomo

Se o que precisas é contar cun punto de información que non precise persoal e no que o visitante non estea a intemperie, nós introducimos un punto de información audiovisual, cun deseño moderno e autónomo instalado nun contedor de barco.
Reciclar un contedor ten a vantaxe de que a súa movilidade e traslado é moi sinxelo, tan só se precisa contar cunha toma de electricidade ou incluso montar un sistema de enerxía solar.